10 sept 2014

NOVO CURSO, NOVO PROXECTO...

Ola a tod@s! Despois do parón veraniego estamos de volta organizándonos e preparando as mochilas  viaxeiras, as caixas cos itinerarios, os expositores, os carnets para novos alumnos e profes...Contamos ter a biblio lista para abrir o día 6 de outubro, así que pedimos un pouquiño de paciencia!
Da Asesoría de Bibliotecas Escolares chegounos a imaxe do cartel das bibliotecas para este curso, do ilustrador David Pintor e o seu lema:                                
                          Biblioteca escolar... matemático!!!



O proxecto que  BIBLIOCERVO propón para este curso leva por título CÁNTAME UN CONTO  e ten como eixo central a música. Matemáticas, música...todo está relacionado! 
Por outra banda, no DOG de onte saíu publicada a Resolución definitiva da convocatoria do Plambe para o curso 2014-2015, somos  550 centros  os que integramos o Plambe, 26 máis que na convocatoria anterior. Invertiremos moi ben a cantidade que se nos asignou para fondos da biblioteca!
Saúdos a todos cantos nos seguides a través deste blog e moita ilusión para este novo curso!

No hay comentarios: