7 oct. 2014

BIBLIOCERVO ÁBRENOS AS PORTAS!!!

A semana pasada Puca mandou unha carta ás clases convidando ás nenas, nenos  e profes a  facerlle unha 
visita e hoxe, por fin poidemos ir á biblioteca! E vaia montón de sorpresas nos agardaban: as mochilas viaxeiras, as caixas dos itinerarios lectores, as bolsas dos libros que van e veñen, os pasaportes lectores, os carnets do alumnado de 3 anos,...
As profes do Equipo da Biblioteca, axudantes de Puca, lembraron  as normas da biblio e explicaron cousiñas novas que vai haber  este curso: o lema e cartel das BE, de que vai tratar o proxecto novo, quenes van ser os axudantes, o horario dos recreos, o sistema de puntos que se van dar cada vez que se participe nas actividades voluntarias da biblio para logo poder trocar por agasallos, ...En fin, un montón de cousas e para rematar,  un vídeo resumo das actividades do curso pasado  
 GRACIAS, PUCA, por esta biblio tan activa! 

No hay comentarios: