18 nov. 2014

AS REGUEIFAS

No mes de novembro, a biblioteca ademais de traballar sobre a Ciencia, propúxolles aos nenos e nenas do cole que investigasen sobre as REGUEIFAS, aproveitando que neste mes se lembra a  tradición oral,que o proxecto deste ano vai sobre a música  e que no cole temos unhas mamás moi regueifeiras!
Organizáronse uns obradoiros co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º  para que aprendesen a facer regueifas coa axuda das mamás. E niso estamos! Mañá, mércores 19, temos o 2º obradoiro e para a semana, a posta en común das regueifas creadas. Pero iso xa volo ensinaremos noutra entrada, agora deixamos esta información para que os diferentes grupos de nenas e nenos poidan consultar, aproveitando os medios informáticos das aulas abalar e os tablets pc que usamos en 3º e 4º.
Por certo, unha foto da regueifa que trouxo Chus, a mamá de Teo:





No hay comentarios: