Tras uns intensos días traballando e investigando coa información que a biblioteca nos facilitou sobre
Newton, cada curso de primaria preparou uns experimentos para explicar as leis de Newton e o venres 7 de novembro fixemos a posta en común de todos os experimentos. Houbo exemplos para explicar 1ª LEY DA INERCIA, a 2ª LEI DE INTERACCIÓN E FORZA e a 3ª LEI DO MOVEMENTO, tamén se explicou a teoría da luz e a descomposición da luz branca nas cores do arco da vella.
En fin, cada ano nos gusta máis celebrar este día que xa ampliamos a unha semana de traballos e investigación!! Agardamos con impaciencia o vindeiro curso para adicar todo o mes de novembro á ciencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario