24 feb. 2015

ANTROIDO MUSICAL

Xa estamos inmersos na celebración do Día de Rosalía, a piques de rematar o mes de febreiro e aínda non publicamos nada do Antroido, ao mellor pensabades que non festexaramos nada nesta festa tan nosa!!! Pois si que celebramos e que o pasamos xenial durante toda a semana do Antroido. 
Este curso a temática foi a música, claro, e eliximos caracterizarnos entre varios estilos musicais: os de infantil de raperos e os de primaria repartíronse entre música latina, hippy, country e de rock. Fixemos obradoiros para a elaboración e caracterización dos disfraces e o venres lucímolos nun desfile polo pavillón, ao ritmo da música. Ao final houbo degustación de riquísimos postres do antroido que aportaron as nenas e nenos. Ah, os profes tamén se caracterizaron con motivos musicais: pentagramas con notas e na cabeza un tocado cunha clave se sol!!! Pero co di o refrán " unha imaxe vale por mil palabras" así que mirade e comprobade que vivimos a música a tope!!!

No hay comentarios: