1 mar. 2015

EU SON ROSALÍA...

EU SON ROSALIA


Como xa sabedes, ao longo da semana estivemos a traballar sobre Rosalía de Castro. Despois de ver os vídeos e presentacións na biblioteca dos que vos falamos na anterior entrada, continuamos nas nosas aulas a investigar e a realizar outras actividades sobre a vida e obra da ilustre escritora. Entre elas, elaboramos un gran mural, que está exposto na entrada do centro, no que cada un dos nenos e nenas pegaron os seus traballos cheos de creatividade:
- Os máis pequenos, de 3 e 4 anos, déronnos a coñecer as súas habilidades como debuxantes elaborando retratos da autora cheos de cor.
- Os demáis cursos puxéronse por un intre na pel da escritora e plasmaron nuns carteliños que comezaban co texto “Eu son Rosalía porque…” aspectos que os identificaban con ela.
Aquí vos deixamos o resultado final do noso traballo! Esperamos que vos guste!

No hay comentarios: