A semana vindeira vivirémola de xeito especial en BIBLIOCERVO porque Puca tennos preparadas unhas actividades moi, pero que moi especiais.
Por unha banda, o luns teremos a visita de Gonzalo Moure, agardamos con impaciencia poder falar con el sobre os libros que limos: El oso que leía Niños, Los caballos de mi tío, Palabras de caramelo, Soy un caballo e doutros que temos na biblio: Maíto Panduro, Lili Libertad, El síndrome de Mozart...
Por outra banda, o xoves 23 celebraremos o Día do Libro cun APADRIÑAMENTO LECTOR. Xa fixemos o sorteo para ver quenes eran os afillados e afilladas dos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, que exercerán de padriños e tivemos moito movemento pola biblio, pois andan moi preocupados elixindo os mellores contos para os seus afillados! Agardamos que faiga bo tempo para poder disfrutar da lectura no xardín do cole!
E para rematar, teremos os primeiros recitados de poesía na biblio nos recreos: unhas nenas de 2º e de 4º son as que inician esta actividade enmarcada dentro proxecto Cántame un Conto e do Mes da poesía.
Unha semana moi , moi literaria!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario