8 abr. 2015

NATA Y CHOCOLATE CON ALICIA BORRÁS



O curso pasado quedámonos coas ganas de coñecer a autora de Nata y Chocolate, libro que se lera e comentara no club de lectura. Pero este curso si que foi posible! O martes volvemos ao cole despois das vacacións de Semana Santa e na biblioteca tivemos a agradble sorpresa desta profesora de teatro, actriz de dobraxe, escritora e entrañable persoa,ALICIA BORRÁS. Despois de estar unha horiña con ela, falando de Nata y Chocolate, de O Señor Corpo quere xogar, de ¡ Nata y chocolate invencibles!dos seus poemas,de ocupar o tempo de recreo...chegou o momento de despedirse e as nenas e nenos non quería marcharse da biblio! Daba gusto oíla falar, respostar as preguntas que lle fixeron, escoitala poñer voces! 
Comentando co alumnado este encontro, algúns dos adxectivos que empregaron para definir a Alicia foron:
AGRADABLE, CARIÑOSA, EMOTIVA, SENTIMENTAL, SIMPÁTICA, EMOCIONANTE...
 Ah! esquecíame de contar que a clase de 5º agasallouna cun libro que fixeron ilustrando o seu poema " De cuentos" e a clase de 6º cunha tarta de NATA Y CHOCOLATE!
Para rematar, firmounos no libro de visitas da biblio e escribiunos unas dedicatorias! 

No hay comentarios: