Por 4º ano consecutivo celebramos O DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA. Este curso transladamos a data de celebración do 1 de xuño para o venres día 5. Elixíramos o día 1 porque coincidía co aniversario de Seoane, cofundador da Cerámica de Sargadelos, moi relacionada coa arte e co entorno do noso colexio.
Dende a creación deste día, vímolo adicando a un estilo artístico diferente: a pintura, a escultura, a fotografía, artistas da zona...e este ano vai adicado á música e dentro do proxecto anual da biblioteca " CÁNTAME UN CONTO".
Mañá poñeremoso broche de ouro ás actividades musicais, coa actuación de Magín Blanco quen se desplazou ata o Colexio de Cervo para ensaiar coas nenas e nenos as cancións e así mañá ter todo ben preparadiño para actuar ante a comunidade educativa do colexio.
Estámoslle moi agradecidos a Magín e emocionados de poder disfrutar e compartir a súa música!
BO DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario