En cursos pasados iniciouse esta actividade polo EDLG, coa
participación de todo o colexio e das familias. Chamámoslle Dicionario
visual, "O galego é o noso" e consistía en que cada familia elixía unha
palabra en galego que signifacase algo especial para ela, debía definila
ao seu xeito e facerlle unha ilustracións. Apareceron palabras
orixinais, raras, entrañables...galegas, enxebres: pinchacarneiros,
arrandea, raposo, bolboreta, carro, apertas...
Levounos tempo para que o dicionario percorrera os fogares todos, pero mereceu a
pena. Agora está catalogado na biblioteca, dentro da sección de fondos
propios de Puca Edicións!!
2 comentarios:
Que chulada! Cando vai ao voso cole vouno ler todo, todo!!!
Ven cando queiras, Leo! Será moi en recibida!!!!!
Publicar un comentario