5 jun 2015

TODOS FOMOS CAPITÁNS, NO DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, CON MAGÍN BLANCO

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA CON MAGÍN BLANCO Despois dos ensaios con Manuel, o profe de música, e onte con Magín Blanco, chegou o gran día da actuación conxunta con este gran artista. As nenas e nenos do colexio cantaron e bailaron as cancións de Magín para as familias que se acercaron ata o colexio e así  celebrar o Día da Arte Galega na Escola. 
Os pequeniños bailaron e cantaron a canción da formiguiña, outro grupo cantou A nena botánica, tamén fixeron unha versión de Don Ramón adaptada a Puca que tamén estivo no espectáculo sentada nun sillón coma Don Ramón, cantamos O meu amor estoupa e algunha máis. Pero si tiveseque elixir unha quedaríame con  Todos somos capitáns pola  adaptación que fixo a clase de 6º curso para o  seu compañeiro Saúl, en   linguaxe de signos. Unha maneira moi fermosa de demostrarlle a seu cariño!
Este é o 4º curso que celebramos O DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA que cada ano vai a máis, porque... Que mellor arte na escola que o da música interpretada con tanta sensibilidade por pequenos e grandes artistas?

1 comentario:

bibliocovas dijo...

Que maravilla
Noraboa por esta gran fiesta da arte galega
María