Aínda que polo de agora non publicamos nada no blog, andamos pola biblioteca, preparando e organizando todo e a nosa mascota, Puca, xa estivo dilixente para escribirnos unha carta de benvida e para anunciarnos que a biblioteca abrirá as súas portas o día 6 de outubro. Ese día o Equipo da biblio presentaranos o proxecto deste curso ( que vai ser de película...), repartiranse as mochilas viaxeiras, os pasaportes lectores, carnes dos novos lectores, os itinerarios de cada curso, etc. Pero mellor que leades a carta de Puca e que acudades a biblio o
MARTES DÍA 6!!!
1 comentario:
Xenial! Noraboa ao alumnado e ao profesorado por este fermoso festival! Un traballo excelente!
Publicar un comentario