10 oct 2015

“A BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS”




Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares  e a través do blog das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA,  invítannos a ver a nosa biblioteca, este ano, como BASE DE EXPLORACIÓNS, exploracións que nos levarán a profundar na busca  e tratamento da información, así como a coñecer o mundo dunha maneira crítica e construtiva, de xeito que poidamos compartir a nosa aprendizaxe.

Nós, este ano, EXPLORAREMOS, principalmente,  no eido cinematográfico, para continuar a labor que levamos facendo dende hai tempo, de fomento e apoio á arte, en todas as súas vertentes.

Polo tanto, "Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016,  para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.

No hay comentarios: