Durante o mes de outubro estivemos traballando as propostas da biblioteca sobre o MEDO e o CINE. Deste xeito, cada clase elixiu unha película de medo e arredor dela centráronse as actividades, tales como :descrición dos personaxes, escenarios, sinosis da película, decoración das portas das aulas...
PhotoPeach
Para rematar, a tarde do xoves fixemos uns obradoiros para elaborar unha merenda monstruosa aliñada con personaxes das películas. Como nos gusta moito traballar xuntos e en equipo, fixemos grupos co alumnado de primaria de xeito que en cada clase había nenos e nenas de 1º ata 6º, así os maiores poden axudar aos máis pequenos!
Houbo que espremer laranxas para facer zume, decorar o vaso con lambetadas monstruosas, pintar un personaxe de peli...e todo para obter unha terrorífica bebida que logo degustamos, algúns cun pouco de noxo!!!!
Podedes ver as imaxes desta tarde de medo e tamén o chulas que nos quedaron as portas. Xa vos decataredes de cales foron as pelis elixidas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario