30 oct 2015

FESTIVAL DE LENDAS GALEGAS

  Como xa anunciamos na anterior entrada, despedimos a semana na biblioteca para asistir ao gran festival de lendas galegas. Os cursos de primaria elixiron unha lenda do noso entorno, investigaron sobre ela e fixeron a súa versión para poder mostrárllela ao resto do colexio. As clases de primeiro e segundo elixiron as¡ lenda da Cova de Rueta  e a da Santa Eufemia, lugares do Concello de Cervo;3º traballou sobre a lenda da Cova do Roi Cintolo en Mondoñedo; 4º sobre a lenda do Bispo Santo de San Martiño de Mondoñedo; 5º sobre a  Casa encantada de Portocelo, no concello de Xove;6º traballou  tres lendas do noso concello: A Maruxaina, A Santa Eufemia e As bruxas no Souto de Cervo. 
Cada curso represetounas ao seu xeito e do seu magnífico e laborioso traballo saíron estas orixinais curtas de película!!! Noraboa, rapazas e rapaces, por este fermoso traballo que contribúe a perservar a tradición oral e a nosa cultura!!!







No hay comentarios: