Para ir preparándonos e informándonos sobre o autor homenaxeado polas Letras Galegas, os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha saída de traballo á CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA, en Outeiro de Rei. Alí, acompañados dun guía, percorremos a casa de Manuel María convertida agora, nun museo que alberga a súa obra e os seus recordos. O guía explicounos detalles da vida e obra do poeta, cantamos o poema GALICIA, visitamos a enorme biblioteca e saímos de alí coñecendo e entendendo moito mellor os poemas de Manuel María.
O noso paso pola Casa-Museo quedou recollido no diario desta, como podemos ler si prememos no enlace anterior.
CASA-MUSEO MANUEL MARÍAO noso paso pola Casa-Museo quedou recollido no diario desta, como podemos ler si prememos no enlace anterior.
Para completar a mañá , fixemos un pequeno percorrido pola muralla de Lugo, logo acercámonos ata un centro comercial para xantar. Despois fumos ao cine, aproveitando que o estamos traballando como proxecto de cole este curso. Vimos a película ZOOTRÓPOLIS
SAIDA A LUGO on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario