Tal e como nos anunciaba a mascota Puca na súa carta, do 7 ao 11 de marzo comezamos a celebrar a SEMANA DA PRENSA na escola. Para iso tivemos contamos coa visita de dous pais xornalistas, Vicente e Anxo: un xornalista de prensa escrita e o outro da radio. Explicáronnos en que consistía o seu traballo e fixémoslles moitas preguntas. Vicente trouxonos exemplares de xornais internacionais, algúns moi raros pois están escritos en árabe e lense ao revés.
Ao final, agasallámolos cunha chapa de Puca porque o fixeron XENIAL!!! Moitas grazas por visitarnos e contarnos cousas tan interesantes, de seguro que desta reunión sairá algunha vocación de xornalista.
Por outra banda, as nenas e nenos de 5º e 6º mantiveron unha conversa por Skype Cervo-Estambul moi interesante, cunha gran xornalista: Nuria Tesón (Zamora 1980).
Nuria Tesón explicounos en que consiste o traballo de reporteira. As dificultades emocionais que supón cubrir a información nunha zona onde hai guerra, o medo, a incerteza e tamén a necesidade de que alguén esté alí para contalo. Ela, necesita estar neses lugares e contar o que ocorre, para que todo o mundo o saiba.
Contounos como se tivo que entrenar durante semanas co exército de terra (ata nos ensinou o seu chaleco antibalas) ; o necesario que é estar en boa forma física, saber idiomas… e tamén algo de fútbol! Pois é un tema moi socorrido en momentos peliagudos. Case podiamos, a través dela, sentir o bulicio das rúas de Exipcio, de Estambul, a indefensión dos refuxiados sirios, etc.
Nuria deixounos unha lección de honestidade, bondade, intelixencia e saber facer abrumadora. Os minutos conversando con ela, parecían segundos e as nenas e nenos non paraban de preguntar e ...con cada resposta de Nuria, todo se volvía máis interesante. O que aprendemos con ela non se pode expresar con palabras; o que nos transmitiu, emocionounos a todos. Sen dúbida, esta conversa supuxo un punto de inflexión para as expectativas e o futuro do noso alumnado
Grazas a tamén xornalista e veciña do cole, Iria González Panizo, por poñernos en contacto con ela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario