12 abr. 2016

DÍA MUNDIAL DO LIBRO, 2016


 O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano de 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Igualmente conmemórase o nacemento ou morte doutros autores importantes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo. Por iso a Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995, acordou celebrar nesta data o Día Mundial do Libro para render unha homenaxe universal aos libros e autores.
Como cada ano nestas datas, a  Asesoría de Bibliotecas de Galicia reparte entre as bibliotecas uns marcapaxinas para conmemorar este día. Nesta ocasión,  cun texto de Pedro Feijoo titulado Os libros son para valentes, do que copiamos este fragmento:

"...eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro.Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo as cereixas...
Para todos hai un libro. Ou dez.Ou mil.Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos.Que me dicides, valentes,atrevédesvos?

Aquí deixamos o seu reto, Bibliocervo traballa para  que os seus nenos e nenas se atrevan e sexan valentes!

No hay comentarios: