26 abr. 2016

TRABALLO COLABORATIVO MICRORREDE DE A MARIÑA:OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA





Chegadas estas datas do Día do Libro e Das Letras Galegas, os centros que integramos a MICRORREDE DE BIBLIOTECAS DE A MARIÑA pedimos a colaboración das familias para a realización dun traballo relacionado coa nosa cultura, coa literatura, cos libros... Este curso o tema central é MANUEL MARÍA, poeta a quen se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O proxecto leva por título OS  SOÑOS DE MANUEL MARÍA, cada centro participante elixiu un aspecto da súa vida e, con todos os traballos recibidos facemos unha exposición nos CEIPS e IES pola semana do Día do Libro e logo en Viveiro todos xuntos, na Semana das Letras Galegas, na que tamén haberá diversas actuacións e actividades dos centros da Microrrede.
O noso colexio elixiu o poema Galicia para ilustrar e recrear e estes son os magníficos traballos que as familias realizaron, de ano en ano supéranse en recursos, creatividade e participación. Por todo iso, queremos agradecerlles a súa colaboración e dicirlles que valoramos moito o seu traballo!
MOITAS GRAZAS  e disfrutade vendo estas obras!


Podedes ver os traballos dos demais colexios premendo no enlace da MICRORREDE, tamén vos invitamos a visitar a exposición de  Viveiro e a presenciar a actuación dos nosos nenos e nenas o xoves día 12, ás seis da tarde.

No hay comentarios: