3 may. 2016

A MAXIA DA ROBÓTICA. PROXECTO ESCORNABOTS



O día 18 de abril os alumnos/as de 5º e 6º de primaria participaron no VIII Concurso Galego de Robótica “A MAXIA DA ROBÓTICA”; promovido pola Institución Galega da Ciencia ( IGACIENCIA ) e celebrado, por quinto ano consecutivo, na Fundación Barrié ( A Coruña ).
Previa a esta xornada; contaron, no centro, con varias sesións preparatorias a cargo de Marga ( profesora de secundaria especialista en Tecnoloxía ) que lles ensinou, dun xeito sinxelo e divertido, a familiarizarse tanto cos robots ( modelo Lego NXT , dos cales contamos con tres exemplares no centro) como coa linguaxe da robótica, a través do manexo do programa informático Mindstorms Education.
Desta experiencia destacamos o feito de compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo; así como a implicación de diversas competencias.
Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora  que seguiremos experimentando no colexio posto que se fomos seleccionados para participar no proxecto "ESCORNABOTS" convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no contexto do plan LÍA dentro das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Este proxecto está integrado na biblioteca escolar, aberta ás distintas linguaxes, as alfabetizacións múltiples, a investigación e ao traballo colaborativo.
Iremos informando das  actividades desta nova aventura que iniciamos en Bibliocervo!


No hay comentarios: