3 may. 2016

VISITA Á VOZ AUDIOVISUAL

Dentro das actividades programadas no proxecto anual do colexio que coordina a biblioteca está esta visita que realizaron o alumnado de 3º e 4º de primaria ás instalación de LA VOZ AUDIOVISUAL. Alí coñeceron de primeira man como son os escenarios de rodaxe dalgunha serie da RTVG, tales como Serramoura e Urxencia Cero, movéronse por todas as ficticias habitacións dun hospital, sentáronse no bar de Serramoura, entraron na cárcere do cuartel, coñeceron aos actores e actrices da serie,  viron onde se garda e clasifica  a roupa, presenciaron a gravación dunha escena en absoluto silencio...Estas o moitas máis vivencias experimentamos nunha visita inesquecible!