28 nov. 2016

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro nas diferentes aulas do cole traballouse arredor deste tema empregando os recursos que temos recompilados neste blog: contos, cancións, curtas, libros...que podedes atopar premendo nesta imaxen.




Tamén podedes visitar  neste PINTEREST os recursos de Bibliocervo sobre o maltrato e a violencia de género.Queremos poñer así, o noso gran de area para que  no futuro non teñamos que adicar unha data a este tema,  porque como di Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU:
"«A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humanos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sostenible. [ ] Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías. [ ] O mundo non se pode permitir pagar ese prezo».

No hay comentarios: