23 nov. 2016

VII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA




Os días 18 e 19 de novembro tiveron lugar as  VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Este curso o lema das bibliotecas é BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES e como a nosa biblioteca ven sendo territorio das artes dende fai bastante tempo, cando decidimos que a arte fose  unha sinal de identidade do noso centro influenciados polo entorno que nos rodea...asistimos  a estas xornadas invitados pola Asesoría de Bibliotecas para compartir a nosa experiencia e o Proxecto do curso pasado arredor do cine " 3,2,1...ACCIÓN, UN COLE DE PELÍCULA". 
                               

É difícil explicar o traballo de todo un curso nuns trinta minutos, así que deixámosvos aquí a presentación e xa sabedes que os materiais e traballos están colgados neste blog  nun " site" co mesmo nome ca o proxecto. 

Si alguén está interesado en saber algo máis, non dubidedes en poñervos en contacto con nós. Agardamos que sexa do voso interese!



No hay comentarios: