9 nov. 2016

FESTIVAL DE TRADICIÓNS, SUPERTICIÓNS E LENDAS

O pasado 28 de outubro celebramos un magnífico festival para presentar os variados traballos feitos nas aulas  sobre tradicións e supersticións da Mariña Lucense.Tamén aproveitamos para ver unha presentación desta comarca que fixo o alumnado de 6º do curso pasado e...unha sorpresa moi fermosa: Puca co novo vestiario, de acorde ao proxecto deste curso!!



Así que tivemos de todo:

  • 1º fixo un mural sobre a tradición das fogueiras da Noite de San Xoán.
  • 2º contou a tradición de "Ir aos carros", tamén na Noite de San Xoán e ilustraron a súa presentación cun escenario feito con todo detalle.
  • 3º presentou ou vídeo  " Noticiario de Puca" que explicaba a tradición de " Tinxir as redes".
  • 4º investigou e traballou sobre o Magosto: orixe, cantigas, receitas, como se celebra na zona...
  • 5º elixiu as supersticións para facer o seu traballo, recompilando as da boa sorte e as da mala sorte, todas elas moi gardadiñas nunha caixa tenebrosa...
  • Para rematar, 6º curso ensinounos un vídeo e un traballo  sobre os "Cruceiros", onde se recolle as investigacións que realizaron sobre algún cruceiro da Mariña.

  • Como podedes comprobar foi un festival, remate de proxecto, moi variado e interesante, que serviu para concienciarnos da importancia de conservar as nosas tradicións!!
    Tan pronto poidamos, subimos os vídeos dos diferentes cursos.

No hay comentarios: