9 nov. 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO



Despois dun mes adicado ás tradicións e as supersticións, no cal aprendemos moitas costumbres da nosa cultura e da nosa comarca, empezamos unha nova temática na biblioteca: A CIENCIA, porque o día 4 de novembro celebrouse o VII Día da Ciencia en Galego, a proposta de IGACIENCIA. Este ano está adicado a MENDEL.Por iso, durante todo o mes teremos a oportunidade coñecer a este señor coñecido popularmente, como " O señor dos guisantes"




Si queredes saber quen foi este señor e coñecer algún do seus experimentos e traballos,  ide pola biblioteca nos recreos  para facer unha caza do tesouro e realizar un pequeno traballo ALFIN  ( alfabetización informacional) totalmente voluntario, pero que xa sabedes que logo Puca volo ten en conta para poñervos unha estreliña no pasaporte e logo poder trocar por premios! Podedes xuntarvos con alguén e facelo por parellas, en grupos pequenos, etc.
Este é o folleto:


E si aínda queredes afondar máis neste tema, os maiores podedes facer na aula esta outra caza do tesouro, coa axuda das profes.



Por último, lembrarvos que o día 30 xuntarémonos na biblioteca para facer a presentación dos proxectos maker. Seguro que veremos sorprendentes traballos!!

No hay comentarios: