16 ene. 2017

CALENDARIO 2017

O EDLG do colexio  coordinou  a elaboración do calendario deste novo ano que ten por tema o do proxecto anual de centro ESCORN-ARTE  NA MARIÑA LUCENSE. Deste xeito, as diferentes clases do cole encargáronse de elaborar as doce follas correspondentes aos meses do ano, con fotos  dos concellos da Mariña Lucense.Pero non son unhas imaxes calquera, senón que teñen como protagonistas aos escornabots, eses pequenos robots que centran a nosa atención durante este curso e que tamén quixeron percorrer a Mariña para dárvola a coñecer nunhas preciosas imaxes. 
Agardamos que vos guste este único e orixinal calendario!



No hay comentarios: