13 ene. 2017

VISITA DO ESCRITOR RAÚL VACAS



O pasado mes de decembro tivemos a visita de Raúl Vacas, autor de o libro Abece diario e incluido no Plan Lector Anual da biblioteca para 3º e 4º, aínda  que os demais tamén o quixemos ler para coñecer mellor a este autor antes da súa visita.

A verdade é que o libro nos gustou moito, ten pequenos poemas, un por cada letra do abecedario, moi orixinais e divertidos. El recitounos algún, axudado de curiosos obxectos que traía nunha maleta.
A o remate,  firmou os libros de lectura e   tamén o de visitas da biblioteca. Para agradecerlle que nos visitara, o alumnado de 3º fíxolle un agasallo e obsequiámolo coa chapa de Puca.
Gustoulle tanto a nosa mascota e como está vestida, que non puido resistirse a sacar unha foto con ela!





No hay comentarios: