5 nov 2017

CERVO ALÉN DE EUROPA...E CHEGAMOS A EXIPTO!!!


Este curso estamos moi pero que moi viaxeiros, porque si no proxecto Erasmus viaxamos por Europa, a través dos libros do PLAN ANUAL de LECTURA ( PAL) chegamos a Exipto. Na clase de 5º curso estamos a ler " A ánfora exipcia ", da escritora An Alfaya., que xa nos visitou en cursos pasados para falarnos doutros libros que nos gustaron  moito.


Cando comezamos a lectura, comprobamos  que o libro falaba moito de Exipto, da súa cultura, de animais sagrados...e tivemos curiosidade por saber máis deste país tan diferente ao noso. A través da titora puxémonos en contacto vía vídeo chamada cun neno de orixe galega, pero que vive en Exipto dende os oito meses.Escribimos as preguntas que nos interesaba saber e Adrián, que así se chama este neno, contestounos nun perfecto galego, porque aínda que el vai a un colexio internacional onde estuda inglés e árabe, non esquece a lingua galega, que practica coa súa nai e coa familia galega.
Foi unha conversa moi agradable e serviunos para aprender moitas cousas do Exipto actual, xa que aínda que relacionamos a este país coas momias e os faraóns, Adrián estaba vestido coma nós!!






Días pasados fíxonos chegar á clase un pergamino exipcio e unha libra. Esta experiencia despertou aínda máis a nosa curiosidade, así que agora estamos a coñecer os números exipcios, o seu alfabeto...
Queremos darlle as gracias a Adrián por falar con nós e contarnos tantas cousas, seguimos en contacto!!!

No hay comentarios: