Ao longo do mes de outubro traballouse o tema de O MEDO, o SAMAÍN e o HALLOWEEN na aula Bulebule de inglés, cos recursos que temos recompilados neste blog e con fondos da biblioteca. Víronse morcegos, arañas, vampiros, cabazas de medo...
E despois de tanto traballo, non tivemos mellor forma de rematar o mes de outubro, o mes do MEDO, que con obradoiros de cociña que nós chamamos monstruosa. Como xa ven sendo habitual no cole, organizamos grupos de nenas e nenos interniveis: por unha banda os de Ed. Primaria e por outra os de Ed. Infantil. En total, cinco grupos cos maiores e ...os máis pequeniños do cole.
Despois dunha elaborada preparación, tal e como podedes ver nas fotos, xuntámonos todos para dar boa conta da monstruosa merenda, que non lle quita a fame a ninguén, porque zampamos todo nun abrir e pechar de ollos!!
Estas son as imaxes!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario