13 dic. 2017

POSTA EN COMÚN DAS ACTIVIDADES DO MES DA CIENCIA E PROXECTOS MAKER EUROPEOS.




O día 30 de novembro tivemos unha gran posta en común das actividades realizadas durante o mes en todas das aulas do cole relacionadas co DÍA DA CIENCIA EN GALEGO e cos proxectos maker europeos. Despois de traballar moi intensamente, de buscar información, resolver as dúbidas dos caderniños de Puca quere saber sobre...sobre o monumento europeo que cada clase elixiu, de elaboración e montaxe das fantásticas maquetas...cada curso explicou aos demais o seu traballo e foi alucinante  e moi enriquecedor, o que aprendemos todos escoitando as nenas e nenos. Ademais, como cada grupo elixiu unha forma diferente, de presentación, estivemos moi entretidos escoitando e vendo os resultados dos traballos. 
Así que deixámosvos unhas imaxes para que poidades apreciar este magnífico remate do... 

MES DA CIENCIA EN GALEGO!!

Tamén podedes ver un mapa cooperativo que elaboramos entre todas as clases, para que cada unha localizase o seu  monumento, traballando as coordenadas, distancias, escalas, etc. segundo o grao de dificultade e coa axuda das titoras e titores.

No hay comentarios: