21 feb. 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Proximamente celebraremos o DÍA de ROSALÍA DE CASTRO e para iso o EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do colexio ten unhas propostas de actividades,algunhas para facer en familia,outras para realizar en conxunto todo o colexio e outras de maneira voluntaria nas aulas,nos recreos da biblioteca ou cando se considere convinte.
A actividade proposta ás familias foi ilustrar unha imaxe de Rosalía coa técnica que quixesen. Como aínda estamos recibindo traballos, mostrarémolos máis adiante.
As propostas para as aulas están recollidas nun PUCA QUERE SABER...que podedes ver no seguinte documento.

Por certo, podedes admirar un primeiro plano de Puca vestida co traxe rexional galego de cotío, tan guapa coma sempre!!!

No hay comentarios: