21 feb. 2018

CELEBRACIÓN DO ANTROIDO:MOI EUROPEO!



Despois dunhas xornadas frenéticas de traballo nos obradoiros colaborativos que se organizaron, por unha banda os de Ed. Infantil e por outra Ed. Primaria, Fixemos a gran posta en común dos traxes elaborados,  no desfile do venres día nove de febreiro. Debido ao mal tempo meteorolóxico que facía, tivemos que celebralo no pavillón, pero aínda resultou moi lucido e animado o noso Antroido.
Relacionando a temática co Proxecto Anual de centro deste curso e o Proxecto Erasmus+ co Carnaval saíron uns traxes preciosos, diferentes e representativos de cada un dos países amigos. Podedes ver traxes rexionais de Lituania, de Romanía, o traxe dos derviches de Turquía, o galo de Barcelos en Portugal, deuses gregos e ata o dragón  Krakov en Polonia. Os profes  do cole representamos a Galicia vestidos con traxes típicos rexionais que moi amablemente nos prestou a Asociación Cultural " Airiños do Xunco" de Cervo, a quen lle damos as grazas pola súa axuda, sen a cal nos sería moi difícil conseguir vestiario para todos! E tamén nos representou a nosa mascota, Puca, que lucíu un novo traxe: o de galega de cotío. Era o que lle faltaba no seu amplo vestiario e este deste curso non podía pasar!Xenial, Puca!!
Mostrámosvos unhas imaxes deste día, que rematamos compartindo os postres do Antroido que aportou o alumnado, como xa ven sendo costume.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTASE E QUE DISFRUTÁSEDES TANTO COMA 



No hay comentarios: