21 mar. 2018

ROSALIANDO NO COLE DE CERVO

Fai unhas semaniñas xa que celebramos o Día de Rosalía así que mentres esperamos por algunha que outra sorpresiña en forma de vídeo imos a comentarvos como conmemoramos esta data tan especial!
Como sabedes, unha das actividades máis artísticas consistiu na elaboración de moreas de Rosalías Ilustradas, coa axuda das familias... unhas obras de arte que xa están expostas no corredor do primeiro andar, mirade que ben lucen!


A exposición foi inaugurada coa actuación musical das "Rocksalettes", que interpretaron, para todo o cole, o seu primeiro single Rocksalía, vaia éxito tiveron!!

E como non podía ser de outra maneira, despois do concerto, puxéronse en marcha as nosas recén estreadas redes sociais, twittcervo e instagal, cos cancelos #Rocksalía #Rocksaliando e #AbrideAFiestra
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotografías do pousadoiro... estade moi atentos que prontiño poderedes velas todas!


No hay comentarios: