14 mar. 2018

TWITTCERVO E INSTAGAL

A semana pasada estreamos as redes sociais do cole de Cervo: TWITTCERVO E INSTAGAL.


Seguindo a actividade “Chíos en galego” iniciada o curso pasado, este mes puxemos en marcha dúas redes sociais que nos servirán para expresarnos, informar sobre acontecementos, celebrar datas especiais... e espallar o galego e a cultura galega alén de Europa.
Como todas as actividades, as redes sociais teñen unhas normas moi sinxelas pero que nos axudarán a empregalas de maneira axeitada e funcional. O Instagal consistirá na realización de fotografías empregando un pousadoiro e diversos complementos adaptados a cada proposta. E as normas do twittcervo... mellor lédeas neste cartaz:


Como dixemos, as redes sociais xa están en marcha, a primeira proposta fixémola para homenaxear á nosa autora máis internacional, Rosalía de Castro, empregando os cancelos #Rosaliando #Rocksalía e #AbrideAFiestra (este último proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG).

Proximamente teredes máis novas sobre estas actividades, tedes que ter un pouquiño de paciencia, pero de seguro que merecerá a pena!

No hay comentarios: