Como xa vos contamos na anterior entrada, o sábado día 5 o noso cole estivo en Santiago presentado a actividade " AS PEZAS ÚNICAS.ARTE E LINGUA NO COLEXIO DE CERVO". Para os que non poideron asistir a esas Xornadas podedes ver aquí a presentación que mostraron os nosos compañeiros, algunhas das respostas ás pezas únicas recibidas e un conto elaborado no colexio Anxo da Garda de A Coruña, a partir dunha peza única.
Aproveitamos para dar as gracias a Pilar Teijeiro, a coordinadora provincial de Lugo
dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, por invitarnos á
Xornada e por por en valor unha actividade pequeniña pero cargada de
emocións, que dende hai 6 cursos realizamos no cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario