Mañá sábado 5 de maio, terá lugar a IV Xornada do Día das Letras Galegas en homenaxe a María Victoria Moreno Márquez, autora das Letras Galegas deste ano. As Xornadas están organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
As sesións formativas desenvolveranse en horario de mañá e tarde no salón de actos do Pazo de San Roque e, precisamente pola tarde dous compañeiros do Colexio de Cervo, Verónica Fernández Vázquez ( coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega) e Manuel Raúl Martínez Herrero ( Director do Colexio e membro dese equipo) contarán a experiencia de
"As pezas únicas. Arte e lingua no Colexio de Cervo"
Os que sodes seguidores deste blog xa sabedes que son as pezas únicas, unhas obras de arte do noso alumnado que se espallan por todo o mundo no Día das Letras Galegas.
Unha experiencia moi moi fermosa que Verónica e Manuel van transmitir con moito sentimento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario