Na aula de 3º estiveron investigando sobre os animais empregando os fondos bibliográficos de consulta da biblioteca. Neles buscaron as respostas ás dúbidas e preguntas e moitas curiosidades sobre os animais.
Con toda a información recompilada fixeron uns fermosos "lapboks" ou porfolios, con textos e imaxes que se despregan, debuxos, etc, onde queda moi visible todo este arduo traballo de investigación!
Parabéns á clase de 3º polo seu estupendo traballo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario