Esta semana dúas profesoras e dúas alumnas de 6º curso están en Grecia, máis concretamente en Tesalónica, a segunda cidade máis grande de Grecia e capital de Macedonia. Non foron precisamente de vacacións, porque están traballando moito arredor das actividades do proxecto Erasmus+, facendo visitas culturais, aprendendo un montón de cousas, participando e compartindo cos outros centros participantes.
Estamos desexando que volvan para que nos conten como foi a súa experiencia, de momento temos que conformarnos con estas imaxes.
Moitas apertas, rapazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario