Como
sabedes, no primeiro trimestre, realizamos un proxecto sobre lendas
galegas. Para investigar sobre as mesmas empregamos os recursos que
ofrece a páxina web GALICIA ENCANTADA e como resultado final, o
noso calendario 2108!
Pero
este proxecto tivo continuidade durante o terceiro trimestre a través
dunha actividade colaborativa na que participaron ademais, tres escolas
de Pontevedra, Ourense e A Coruña!
Como
vedes, somos un cole de cada provincia galega, e por que? Pois porque
queríamos realizar un libro no que se recolleran 4 lendas
representativas de cada provincia galega! E este foi o resultado! Un
libro fermosísimo: GALICIA EN LENDAS do que se fixeron 4 copias
(unha para cada participante)
O
noso quedará na biblioteca para que poidan consultalo todos os nenos
e nenas, e os outros tres viaxaron
aos centros colaboradores: CEE María Mariño (A Coruña), CEIP
Mariña Mansa (Ourense) e Marquesa
do Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra)
Moitas
moitas gracias por colaborar con nós nesta actividade de fomento da
lectura en lingua galega, e en especial aos nenos, nenas e mestras
que se encargaron de facer o traballo de recompilación!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario