Dúas mestras do CEIP de Cervo estiveron a semana pasada en Marco de Canaveses, Portugal, asistindo á segunda reunión transnacional do proxecto Erasmus+ ‘Creating, Communicating, Our Diversity we are Celebrating’.
Durante esta reunión profundizouse na ferramenta eTwinning ao ser a Coordinadora do proxecto, Magdalena Goc, unha experta na materia e embaixadora da mesma.
Ademais de tomar diversas decisións e establecer liñas novas de traballo e actuación para o seguinte curso académico, unha grande parte das reunións empregáronse para chegar a acordos con respecto á avaliación deste primeiro curso e como se fará a avaliación final. Os cambios, que se introducirán durante o vindeiro curso, marcarán un cambio notable tanto na calidade do noso proxecto como na visibilidade e deseño do noso Twinspace.
Tivemos tempo tamén, para unha formación máis avanzada da ferramenta Mobility Tool así coma Stop Motion.
A estancia en Marco de Canaveses resultou moi intensiva e, ao mesmo tempo, inesquecible e emocionante pois, a pesares de que o alumnado se atopa xa de vacacións, tiveron tempo de prepararnos unha marabillosa e calorosa benvida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario