16 jun 2018

LECTURAS CON MOITAS EMOCIÓNS!




Na nosa biblio podemos atopar moitos libros e contos para traballar a educación emocional: Emociones y Sentimientos de Roberto Piumini, O monstro de cores de Anna Llenas, Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar, O medo de Mo de Xosé A. Neira Cruz, Siempre te querré de Debi Gliori, Emilio es invisible de Vincent Cuvellier e Ronan Vadel, O corazón da maxia de Xavier Estévez, Soy un dragón de Philippe Goossens...
Pero, que vos parecería traballar as emocións en familia? Dende o Departamento de Orientación queremos recomendar unha serie de contos, libros de actividades e curtametraxes para gozar todos xuntos durante o verán!
Animádevos a compartir momentos de lectura, de seguro que o pasaredes xenial!

No hay comentarios: