Dende os primeiros proxectos de arte no colexio nos que establecemos o Día 1 de xuño como o DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA en lembranza do nacemento de Luís Seoane, un dos fundadores da Cerámica de Sargadelos xunto con Isaac Díaz Pardo, cada 1 de xuño celebramos este día adicándollo a unha expresión artística diferente. Este curso fixemos un ROTEIRO DAS LINGUAS, con obradoiros de italiano, francés, portugués e euskera, de xeito que todo o alumnado do colexio tivo a oportunidade de ter un acercamento e nalgúns casos, primeiro contacto con elas.
A experiencia foi moi moi fermosa e interesante. As persoas que impartiron estes obradoiros fixérono tan ben e prepararon a súa sesión con tanto esmero e cariño, que todo o alumnado tivo a sensación de que esas linguas eran doadas de entender e fáciles de estudar!
Non nos queda máis que agradecer a colaboración deles. Grazas a Marcial,un avó do colexio que nos contou en italiano como foi a súa estancia de emigrante en Italia. A Montse, profe se galego no IES de FOZ que preparou o conto de Pollicino en italiano, con láminas e imaxes e nos agasallou cun marca páxinas moi fermoso. A Ansemil, outro profe de galego do IES de Foz, que nos fixo cantar en portugués a cantiga de " Millo verde" e nos narrou o conto da toupiña. Á profe Cristina do noso cole, por acercarnos ao francés cos cómics de AstÉrix e Tintín; A Maitane, por explicarnos cousiñas do euskera, a lingua que nos pareceu máis difícil de todas! Rematamos dándolles as grazas tamén, a todas as persoas e institucións que nos axudaron para que o DÍA DA ARTE NA ESCOLA fose tan especial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario