23 nov 2018

SUPERMULLERES OCULTAS, 25N

Proximamente conmemórase o 25N, Día internacional contra as VIOLENCIAS DE XÉNERO, no colexio estamos realizando actividades arredor deste tema, e unha delas foi a que levou a cabo Irene, unha rapaza que estivo con nós facendo as prácticas do Grao de Maxisterio. Ela mesma nos lo explicou na seguinte entrada.




" Os nenos e nenas de 6º continuaron este ano co proxecto de “mulleres ocultas” do ano pasado, poñendo agora a mirada cara as supermulleres que temos máis cerca. Con pinceladas da historia de Europa e de España, fomos conscientes da loita das mulleres para alcanzar a liberdade, a loita para a independencia delas. O ano pasado vimos como loitaban grandes inventoras, escritoras, científicas, como foron elas ás que lles temos que agradecer moitas cousas que empregamos no presente (lavadoras, monopoly, lavalouzas, escaleira de incendios, os intermitentes do coche...), para este ano pasar ás heroínas dos nosos propios fogares. 



Esas mulleres que facían verdadeiros sacrificios e milagres para sacar a súa familia cara diante en momentos difíciles: coidaban de 10 fillos, lavaban, cociñaban, fregaban, carretaban leña, remendaban... e incluso traballaban fora ou estudaban (de pequenas ou de maiores). Estas superheroínas eran as nosas avoas, veciñas, mestras... que seguen a ser supermulleres, pois aínda conservan a superforza, a supervelocidade, a supercapacidade de coidar os netos e netas... 
Quen di que os superheroes e superheroínas non existen?"

No hay comentarios: