Hoxe e todos os días do ano, a Comunidade Educativa do Colexio de Cervo
Para facer máis visible o noso rexeitamento, colocamos un cartaz no corredor da entrada e un mural que fixemos entre todos, poñendo a pegada da man na silueta dunha pomba.
REIXEITA A VIOLENCIA DE XÉNERO
E gravouse un pequeno vídeo con esta mensaxe
Esta última actividade foi organizada polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, CEIP Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga, para dar visibilidade nas redes a esta lacra da sociedade, mediante o cancelo #Equaliter.
Ademais, fíxose unha exposición de fondos bibliográficos no corredor de acceso á biblioteca, coa temática da violencia de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario