A nosa biblio é moi creativa pois continuamente se está renovando e ofrecendo ao alumnado novas creacións. Desta vez trátase duns bolígrafos 3D cos que se poden facer diversos obxectos tales como esta bicicleta. As nenas e nenos xa están desexando probalos!
Por outra banda, o alumnado de 6º curso rematou con éxito a montaxe de dous escornabots que realizaron na asignatura de ITI ( Investigación e Tratamento da Información).
No hay comentarios:
Publicar un comentario