8 dic 2018

3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.



O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria realizou unha lectura e posterior posta en común con comentarios e preguntas, do libro ENGURRAS de Paco Roca. Esta actividade fíxose en colaboración con AFAN de Burela (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras enfermidades Neurodexenerativas).






Previa a visita de membros de  AFAN, fíxose a lectura do libro e o luns día 3 deste mes, tivemos a visita da psicóloga e da tesoreira  da asociación para falarnos desta enfermidade e do traballo que realizan na unidade de respiro de Burela. Tamén comentamos cousas do libro e fixemos preguntas sobre el. Ao final plasmamos  graficamente, as nosas vivencias e impresións sobre o ALZHEIMER.
                                 Moitas grazas a AFAN por compartir tanto con nós!


No hay comentarios: