Como nos dicía Puca na carta deste mes, XANEIRO no cole é o MES DA PAZ e BIBLIOCERVO ten programadas unha serie de actividades para conmemorar esta data. Por unha banda, vaise editar un boletín informativo para enviar á comunidade educativa, con recomendacións lectoras para fomentar valores tales como a PAZ e a NON VIOLENCIA.
Puca tamén nos propón traballar co libro titulado
" EL LIBRO DE LA PAZ, do autor
TODD PARR, para traducir á nosa lingua e afondar no seu contido e os valores que transmite. A partir deste libro realizaremos un
"BINGO da PAZ" baseado nunha actividade proposta por
UNICEF, nos recreos solidarios que imos ter entre o 21 e o 28 deste mes. Para iso haberá que cumprimentar unha tarxetas, contestando a unhas preguntas para o que deberemos investigar as súas respostas entre todos os nenos e nenas do cole. As preguntas son tan sinxelas como :
" Coñecemos a alguén que non lle gusten as patacas fritas? e a alguén que ten familia noutro país? Para aprender a respectar as diferencias, debemos coñecernos ben. Iso é o importante!
Lembramos que o lema das bibliotecas este curso é
POÉTICAS DIVERSAS, pois en relación con el imos recompilar os poemas realizados sobre os valores e sobre a paz. Con todos eles faremos un libro moi especial que presentaremos na biblioteca o día 30 de xaneiro, Día da Paz.
Para rematar, animámosvos a vir caracterizados ese día, segundo a filosofía hippie que defendía a
" Non a Violencia e a Guerra e si a Paz"
No hay comentarios:
Publicar un comentario