O pasado mes de Decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e un curso máis dende cole de Cervo iniciamos unha actividade colaborativa, este ano relacionada co Teatro.
A actividade consiste na composición dunha obra de teatro "O Tesouro da Diversidade" en colaboración con diversas asociacións coas que nos relacionamos ao longo dos últimos cursos a través de actividades de concienciación propostas para o noso alumnado.
Dende o cole iniciamos a actividade creando os personaxes, ilustrandoos e comezando a historia.
E unha vez todo ben organizadiño selamos o pasaporte e enviamos a caixa do "Teatro Viaxeiro" ao seu primeiro destino, a Asociación AFAN BURELA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Enfermidades Neurodexenerativas de Burela).
Mirade! Aquí están as usuarias acollendo con moito agarimo a nosa caixiña... de seguro que nos deixarán abraiados co seu traballo!
Estade moi atentos ao blog e ao twitter do cole porque iremos informando de como evoluciona a viaxe do noso tesouro da diversidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario