31 ene 2019

COÑECÉNDONOS MELLOR: INTERCAMBIO DE CARTAS CON TURQUÍA.



Unha das grandes vantaxes que con leva traballar nun proxecto Erasmus é ter a oportunidade de coñecer novos amigos e establecer novas relacións que, quen sabe? Poden durar moitos anos. 
O alumnado de quinto e sexto do noso colexio recibiu unhas cartas preciosas do alumnado que estuda no colexio de Turquía co que formamos equipo Erasmus. Lémolas, falamos delas e agora as nosas respostas están de camiño. Agardamos que lles gusten e recibir máis cartas prontiño.

No hay comentarios: