31 ene 2019

CREANDO HISTORIAS ...ENTRE OS AMIGOS EUROPEOS





Continuamos traballando nas actividades propostas no noso proxecto Erasmus 'Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating'. Estes días andamos enfrascados na creación dunha historia común entre todos os países. Está saíndo unha historia do máis entretida na que temos varias carrapuchiñas como personaxes protagonistas, Sherk, un lobo, Manfred... e unha mala malísima chamada Cloudy Violet. A historia sucede nun contexto terrible xa que, debido á contaminación, todo o xeo do planeta se está derretendo, especies de animais desaparecendo, os continentes inundándose, etc. O futuro parece moi deprimente e imposible de cambiar. Sen embargo, as nosas protagonistas teñen o poder de  viaxar no tempo e facer cousas incribles traballando en equipo. Lograrán cambiar este futuro dantesco? Pronto teremos o final.

No hay comentarios: